As eleccións xerais polacas do 2001 celebráronse o 23 de setembro. Para o Sejm, votou o 46.29%, 96.01% do cal contou como válido. Para o Senado, votou o 46.28%, cun 96.46% de votos válidos.

Nas eleccións os que obtiveron máis votos foi o partido de centro-esquerda Alianza da Esquerda Democrática. Pola dereita, a Acción Electoral Solidariedade (AWS), que obtivera 201 escanos en 1997, quedou sen ningún, repartíndose estes en parte por partidos saídos da AWS, Plataforma Cívica e Lei e Xustiza, con 65 e 44 escanos respectivamente.

A Autodefensa da República de Polonia (SRP) incrementou os seus votos substancialmente do 1997, obtendo 53 escanos, e poñéndose terceiro no seu debut no Parlamento. A Liga das Familias Polacas tamén logrou entrar no Sejm por primeira vez, con 38 escanos, detrás do Partido Popular Polaco.

← Eleccións xerais de Polonia Sejm (Parlamento), 2001 → Partido (en cursiva en polaco) % Escanos Alianza da Esquerda Democrática Sojusz Lewicy Demokratycznej 41.0 116 Plataforma Cívica Platforma Obywatelska 12.7 65 Autodefensa da República de Polonia Samoobrona RP 10.2 53 Lei e Xustiza Prawo i Sprawiedliwość 9.5 44 Partido Popular Polaco Polskie Stronnictwo Ludowe 9.0 42 Liga das Familias polacas Liga Polskich Rodzin 7.9 38 Minoría alemá 0.4 2

← Eleccións xerais de Polonia Senat (Senado), 2001 → Partido (en cursiva en polaco) Escanos Alianza da Esquerda Democrática Sojusz Lewicy Demokratycznej 75 Bloque do Senado 2001(Plataforma Cívica, Lei e Xustiza, Alianza da Liberdade e Movemento Reconstrución de Polonia) Blok Senat 2001 15 Partido Popular Polaco Polskie Stronnictwo Ludowe 4 Autodefensa da República de Polonia Samoobrona RP 2 Liga das Familias polacas Liga Polskich Rodzin 2 Outros niezrzeszeni 2

Xerais Categoría:Eleccións celebradas en 2001