José Raposeiras Correa, nado en San Miguel de Presqueiras (Forcarei) en 1953, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, doutor en Psicoloxía da Comunicación pola Universidade de Vigo, é catedrático de Orientación Educativa de Ensino Secundario. Foi Presidente da Asociación Amigos de Terra de Montes e Vicepresidente da Coral Polifónica de Pontevedra, sociedade na que, dende marzo de 2026, é presidente.
A súa traxectoria profesional estivo ligada ao ámbito universitario, exerceu como profesor asociado doutor na Universidade de Vigo. Desenvolveu a súa actividade docente en diferentes departamentos e no Máster Universitario para o Profesorado.
Ten unha ampla produción bibliográfica sobre cuestións de carácter socioeducativo e cultural. Autor de numerosas publicacións, participou en congresos e encontros científicos de ámbito nacional e internacional.
Obras Virxilio Blanco. Análise da súa vida e obra artística. Pedagoxía da emigración, 2003. A procura da nosa identidade. Terra de Montes, 2007 (coordinador). Ventos de nostalxia. O cerne das verdadeiras emocións, 2011.
Véxase tamén
Ligazóns externas A Fortaleza do Castro sinal de identidade da Terra de Montes. Artigo de José Raposeiras.
Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Nados en 1953