Xan Campos, nado en Cangas de Morrazo en 1987http://www.xancampos.com/#bio é un pianista galego de jazz.

Traxectoria Estudou no conservatorio da súa cidade natal e comezou a tocar jazz co Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. É líder e pianista do trío Xan Campos Trío . Ao rematar os seus estudos de Grao Profesional de piano clásico estudou o Grao Superior de jazz no Musikene de Donostia e cursou o European Jazz Master.

Discografía Como líder

Ida e volta (Free Code, 2007) con Hugo Astudillo, Enrique Oliver, Iago Fernández e Matt Brewer. Orixe Cero (Free Code, 2011) con Horacio García e Iago Fernández. Ectropía (Free Code, 2014) con Horacio García e Iago Fernández. E.S.D. (Free Code, 2016) con Virxilio Da Silva, Iago Fernández e Wilfried Wilde. Realismo (Free Code, 2020) con Horacio García e Iago Fernández.

Outros Caminos, Dani Juárez  (Free Code Jazz Records, 2014) Alchemist, Paco Charlín (Free Code Jazz Records, 2014) Burbuja, Iñaki Rodríguez (Errabal, 2013) Agromando, Iago Fernández (Free Code Jazz Records, 2011) Odysseia, Virxilio Da Silva'' (Free Code Jazz Records, 2008) Canjazz Reunion. Marcus Strickland (saxo), Lage Lund (guitarra), José Ferro (baixo), Iago Fernández (batería)(Free Code Jazz Records, 2008) Visions. Paco Charlín (contrabaixo), Walter Smith III (saxo tenor), Virxilio Da Silva (guitarra), Xan Campos (piano), Johnathan Blake (batería) Free Code Jazz Records 2007)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Pianistas de jazz Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Cangas de Morrazo