Nova Bretaña Oriental é unha das 19 provincias de Papúa-Nova Guinea. Comprende o nordeste da illa Nova Bretaña, cunha superficie total de 15.816 km² e unha poboación de 220.133 persoas segundo o censo efectuado o ano 2000. A súa capital é Kokopo, cidade próxima a Rabaul, antiga capital, que foi destruída en 1994 a causa dunha erupción volcánica. A área Kokopo-Rabaul é unha das máis poboados da illa.

Economía A economía está baseada ou ben na agricultura, xeralmente de subsistencia, que en certos casos danse exportacións, especialmente de cacao e polpa de coco; ou ben no sector terciario ligado ao turismo.

Categoría:Provincias de Papúa-Nova Guinea