200 px|miniatura|dereita|Fórmula lineal da tagatosa. A tagatosa é un monosacárido natural de seis átomos de carbono (hexosa) cun grupo funcional cetona (cetosa), polo que pertence ao grupo das cetohexosas. Utilízase como un edulcorante considerado seguro desde 2001 pola FAO/WHO. Pode atoparse nos produtos lácteos e ten unha textura similar á sacarosa e é un pouco menos doce (75-92%), pero produce só o 38 % de calorías ca a sacarosa e considérase que non produce carie. Como se metaboliza de forma diferente da sacarosa, a tagatosa ten un efecto mínimo sobre a glicosa sanguínea e os niveis de insulina.

Produción

A tagatosa está presente en pequenas cantidades nos produtos lácteos. Pode producirse comercialmente a partir da lactosa, a cal debe primeiro ser hidrolizada a glicosa e galactosa. A galactosa despois é isomerizada en condicións alcalinas a D-tagatosa con hidróxido cálcico. A mestura resultante pode someterse a purificación, neutralización, cromatografía de intercambio iónico para despois para producir tagatosa sólida por recristalización Agency Response Letter GRAS Notice No. GRN 000078 .

A fuculosa (6-desoxitagatosa) é un desoxiazucre derivado da tagatosa.

Isómeros A D-tagatosa é un epímero da D-frutosa no C-4. En disolución acuosa a 27 °C o isómero predominante é a forma α-D-tagatopiranosa (98 %).

Isómeros da D-tagatosa Forma lineal Proxección de Haworth 100px 0,6 % 100pxα-D-tagatofuranosa 1 % 100pxß-D-tagatofuranosa 4 % 100pxα-D-tagatopiranosa 79 % 100pxß-D-tagatopiranosa 16 %

A tagatosa como edulcorante O uso como edulcorante da D-tagatosa foi proposto por Gilbert Levin, despois de intentar sen éxito comercializar con esa fin a L-glicosa. Levin patentou un método barato de fabricar tagatosa en 1988.. Considérase que o seu contido calórico baixo se debe ao seu parecido coa L-frutosa. As organizacións da ONU FAO/WHO considérana segura desde 2001, e a FDA dos Estados Unidos aprobou o seu uso en 2003. A tagatosa foi aprobada en Europa en 2005 como novo alimento.

Despois de varios intentos anteriores de comercializala feitos por diversas compañías. En 2006, a compañía belga NUTRILAB NV reiniciou a produción de D-tagatose baixo a marca Nutrilatose, utilizando un proceso encimático de produción diferente ao das primeiras patentes. Damhert N.V., a compañía nai de Nutrilab, lanzou ao mercado o edulcorante Tagatesse baseado na tagatosa, xunto con outros produtos como marmeladas e produtos con chocolate que conteñen tagatosa en 2007 no Benelux e Francia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hexosa Edulcorante

Ligazóns externas FAO/WHO Recommendation Calorie Control Council—información ao consumidor da organización de produtores de edulcorantes MD/Arla Foods settlement with Spherix Nutrilab products D-Tagatose lyxo-Hexulose NCBI database COMPOUND: C00795 D-Tagatose www.Genome.net

Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos