Alotau é a capital da provincia de Milne Bay, unha provincia de Papúa-Nova Guinea. Atópase na costa setentrional da Milne Bay. No ano 2000 tiña 10.025 habitantes.
Atópase dentro da área onde o exército xaponés sufriu a súa primeira derrota terrestre da Guerra do Pacífico en 1942, pouco antes da batalla de Kokoda Track. Converteuse en capital en 1969 tras quitarlle o posto a Samarai.
Hai unha pista desde Ulumani até Alotau que pasa polo aeroporto local de Gurney (chamado así por Charles Raymond Gurney, do exército australiano, que morreu na zona en 1942). O aeroporto atópase a 12 km do pobo.
Alotau é porta de entrada de Milne Bay, que contén algunhas das illas máis remotas do mundo. É coñecido tamén polo seu arrecife de coral.
Notas
Categoría:Xeografía de Papúa-Nova Guinea