Miguel Fernández-Cid Enríquez, nado en Pontevedra en 1956, é un crítico de arte galego.
Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade Complutense en 1978, foi profesor de Crítica Estética e Arte do século XX na Facultade de Belas Artes de Salamanca (1988-92) e Pontevedra (1993-95).
Foi director do Centro Galego de Arte Contemporánea entre 1998 e 2005. Dirixe a Fundación Torrente Ballester. En 2010 ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes. Coordinou a exposición Gallaecia Petrea no Museo de Galicia da Cidade da Cultura.
Dende 2019 é director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo MARCO.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Críticos da arte Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Presidentes do Centro Galego de Arte Contemporánea Categoría:Directores do Museo de Arte Contemporánea de Vigo