A Federación Galega de Baloncesto (FGB ou FEGABA) é o organismo reitor do baloncesto en Galicia. A FGB ordena, dirixe e planifica as actividades do baloncesto galego. Tamén organiza a Copa Galicia e diferentes competións de tódalas categorías. A FGB ten delegacións na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Dirixe tamén á selección galega de baloncesto.
Competencias Promover a práctica do baloncesto en Galicia. Regular o réxime xurídico e disciplinario dos clubs e asociacións. Formar a persoal técnico. Coordinar ás distintas delegacións. Regular e facer cumprir o seu réxime disciplinario. Asignar e controlar axudas e subvencións para os seus afiliados.
Véxase tamén Outros artigos Selección de baloncesto de Galicia
Ligazóns externas Sitio web oficial da FGB
Galicia Baloncesto