O Festival Internacional de Cinema de Mar del Plata é un famoso festival de cine internacional que se realiza todos os anos na cidade de Mar del Plata (Arxentina). Este festival pertence á categoría "A", recoñecido así pola Federación Internacional de Asociacións de Produtores Cinematográficos (FIAPF).

Historia Foi inaugurado en 1954, polo daquelas presidente Juan Domingo Perón, e non se trataba dun festival competitivo, senón dunha mostra internacional chamada "Festival Cinematográfico Internacional". Xa nesa primeira edición, o festival contou con figuras internacionais, do talle de Gina Lollobrigida e Errol Flynn. Despois desta, prodúcese unha descontinuidade de catro anos, até 1959, cando a Asociación de Cronistas Cinematográficos da Arxentina se fai cargo do festival.

A partir do ano seguinte e até 1970, sucederase anualmente os festivais ensinando as distintas vertentes artísticas cinematográficas da década dos 60, con figuras invitadas tales como Paul Newman, Alberto Sordi, Pier Paolo Pasolini, Vittorio Gassman, Toshirō Mifune, François Truffaut, Karel Reisz, Catherine Deneuve, Juan Antonio Bardem, Anthony Perkins, Jean-Paul Belmondo, Maria Callas, Cantinflas, Andrzej Wajda, Jacques Tati, Lee Strasberg, George Hamilton, entre outros.

En 1964, o festival mudouse temporalmente e por única vez a Buenos Aires e denominouse Festival Cinematográfico Internacional da República Arxentina. No ano 1966 un golpe de estado na Arxentina produce cambios e o Instituto de Cine faise cargo dos festivais dos anos 1968 e 1970. Nos anos 1967 e 1969 non se celebrou o festival.

Despois de 1970 houbo unha pausa de 25 anos, e aínda que houbo intentos de reactivalo, isto non pasou até 1996, cando o festival regresou completamente renovado. Nesta nova etapa comezouse a realizar no mes de novembro, aínda que desde 2001 volvería ao seu mes tradicional de marzo, e desde 2008, trasladouse novamente para novembro.

Premios Orixinalmente os premios foron denominados "Ombú", até o ano 2004, cando lle cambian o nome dos premios a "Astor", na honra de Astor Piazzolla. O xurado é internacional e está composto por cineastas, artistas, profesores e teóricos do mundo do cine. Actualmente entréganse os premios Astor a mellor película, mellor director, mellor actriz, mellor actor, mellor guión, mellor película iberoamericana e máis un premio especial do xurado.

Lista de premiados