Isaac Ventura Maceiras Rivas, nado na Pobra do Caramiñal o 7 de decembro de 1949, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Estudou no Pósito da Pobra ata o bacharelato, e rematou a súa formación en Vigo. Foi comercial en La Onza de Oro e Galicia Calidade. En 1979 foi elixido concelleiro na Pobra do Caramiñal pola UCD, sendo tenente de alcalde de Segundo Durán. En 1995 volveu á política encabezando a candidatura do PPdeG, quedando un concelleiro por detrás do PSdeG e pasou a liderala oposición. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou novamente a candidatura do PPdeG á alcaldía da Pobra do Caramiñal e nesta ocasión foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas seguintes eleccións de 2003, 2007 e 2011 foi reelixido alcalde con maioría absoluta«Entendo a política como a arte de resolver os problemas do pobo». En outubro de 2014 anunciou que non se presentaría á reelección no 2015Isaac Maceiras anuncia su retirada de la primera línea de la política, polo que en xuño dese ano abandonou a alcaldía.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Pobra do Caramiñal
Ligazóns externas blog de Isaac Maceiras Entrevista en El Correo Gallego
Categoría:Alcaldes da Pobra do Caramiñal Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1949