Carlos Gómez Blanco, nado en 1968 en Xunqueira de Espadanedo, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Mestre, foi elixido concelleiro de Xunqueira de Espadanedo polo PPdeG e, en 2011, uns meses despois de que a súa formación revalidase a sexta maioría absoluta consecutiva, accedeu á alcaldía logo da renuncia do anterior rexedor Ricardo González LageEl alcalde de Xunqueira de Espadañedo renuncia al cargo , La Región, 23/10/2011..
Presentouse nas listas do PPdeG ás eleccións autonómicas de 2020 e, aínda que non saíu elixido á primeira, entrou en setembro de 2021 na cámara galega logo da renuncia do conselleiro José González ao seu escano.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Xunqueira de Espadanedo
Categoría:Alcaldes de Xunqueira de Espadanedo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Xunqueira de Espadanedo Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia