A Península Escandinava (en ; en ; en ; en ; en , Skandinavsky poluostrov) é unha península do norte de Europa que abrangue a totalidade da Suecia continental, case toda a Noruega continental e o noroeste de Finlandia, así como unha pequena zona do noroeste de Rusia. Trátase da meirande península de Europa.

Etimoloxía O nome da península deriva do termo Escandinavia, que fai referencia á rexión cultural que conforman Dinamarca, Noruega e Suecia. Ese nome cultural deriva de Escania, unha rexión situada no extremo meridional da península e que foi parte de Dinamarca durante longos períodos de tempo, aínda que hoxe forma parte de Suecia.

Véxase tamén Outros artigos Fennoscandia

Categoría:Penínsulas de Europa Categoría:Penínsulas ao océano Atlántico Categoría:Mar do Norte