Spotify é un servizo, fundado por Daniel Ek e Martin Lorentzon, para a reprodución de música vía streaming dispoñible nos sistemas operativos Microsoft Windows, Mac OS X e Linux (para este último, só nas súas versións de pago) e nos sistemas operativos de dispositivos móbiles Symbian, iPhone e Android. Permite escoitar temas musicais buscando por artista, álbum ou listas de reprodución creadas polos propios usuarios. O programa foi lanzado o 7 de outubro de 2008 ao mercado europeo, mentres que a súa implantación noutros países realizouse ao longo de 2009.[http://www.europapress.es/comunicados/noticia-comunicado-spotify-anuncia-acuerdos-licencia-proximo-lanzamiento-20081007163935.html Comunicado: Spotify anuncia acuerdos de licencia y su próximo lanzamiento (1)], Europa Press .
A empresa, que ten a súa sede en Estocolmo, Suecia, asinou acordos coas discográficas Universal Music, Sony BMG, EMI Music, Hollywood Records e Warner Music entre outras.Spotify anuncia acuerdos de licencia y su próximo lanzamiento, El Economista . Spotify contaba, o 15 de setembro de 2010, con preto de dez millóns de usuarios,Spotify hits 10 million users and 10 million tracks , Wired.co.uk . dos que ao redor dun millón eran usuarios de pago.[http://www.spotify.com/se/blog/archives/2011/03/08/spotify-reaches-one-million-subscribers Spotify reaches one million subscribers] , Wired.co.uk .
En cifras oficiais, Spotify Ltd. declarou un ingreso bruto de 1.945 millóns de dólares en 2015. Este dato causou polémica, xa que a compañía, malia ter máis de 50 millóns de usuarios de pagamentos rexistrados, rexistrou perdas no mesmo ano.
Véxase tamén
Outros artigos Streaming The Playlist (serie de televisión de Netflix sobre Spotify)
Notas
Categoría:Aplicacións informáticas Categoría:Empresas de Suecia Categoría:Servizos de streaming