José Eugênio Soares, nado no Río de Xaneiro o 16 de xaneiro de 1938 e finado en São Paulo en 5 de agosto de 2022, máis coñecido como Jô Soares ou simplemente Jô, foi un humorista, presentador de televisión, escritor, artista plástico, dramaturgo, director teatral, músico e actor brasileiro.
Biografía Fillo do empresario paraibano Orlando Soares e da dona de casa Mercedes Leal, Jô quería ser diplomático de pequeno. Estudou no Colégio São Bento do Río de Xaneiro e en Lausana na Suíza, no Lycée Jaccard, con este obxectivo. Porén, percibiu que o senso de humor apurado e a creatividade innatas apuntábano para outra dirección.
Dono dun talento versátil, alén de actuar, dirixir, escribir guións, libros e pezas de teatro, Jô Soares tamén era apreciador de jazz e chegou a presentar un programa de radio na extinta Jornal do Brasil AM, no Río de Xaneiro, alén dunha experiencia na tamén extinta Antena 1 Rio de Janeiro.
Vida persoal Entre 1959 e 1979, Jô Soares estivo casado coa actriz Teresa Austregésilo. Con ela tivo un fillo: Rafael Soares (nacido en 1964). De 1980 a 1983, a actriz Sílvia Bandeira, doce anos máis nova, foi a súa esposa. Logo namorou a actriz Mika Lins. En 1987, casou coa deseñadora gráfica Flávia Junqueira Pedras Soares, de quen se separou en 1998. Jô admitiu sufrir de TOC.Jô Soares admite sofrer de TOC Era sobriño de Kanela, ex-técnico da selección brasileira de baloncesto.
Falaba, con diferentes niveis de desenvoltura, cinco idiomas estranxeiros: inglés, francés, italiano, alemán e español. Traduciu edicións de Barbarella do francés.
Filmografía 1954 - Rei do Movimento, de Victor Lima e Hélio Barroso 1956 - De Pernas pro Ar, de Victor Lima 1957 - Pé na Tábua, de Victor Lima con guión de Chico Anysio 1959 - Aí Vêm os Cadetes, de Luiz de Barros 1959 - O Homem do Sputnik, de Carlos Manga 1960 - Vai que É Mole, de J. B. Tanko 1960 - Tudo Legal, de Victor Lima 1965 - Pluft, o Fantasminha, de Romain Lesage a partir do texto teatral de Maria Clara Machado 1965 - Ceará contra 007, de Marcos Cesar 1968 - Hitler III Mundo, de José Agrippino di Paula 1968 - Papai Trapalhão, de Victor Lima 1969 - Agnaldo, Perigo à Vista (participación), de Reynaldo Paes de Barros 1969 - A Mulher de Todos, de Rogério Sganzerla 1971 - Nenê Bandalho, de Emílio Fontana a partir dunha historia curta de Plínio Marcos 1973 - Amante muito Louca, de Denoy de Oliveira 1979 - Tangarela, a Tanga de Cristal, de Lula Campelo Torres 1976 - O Pai do Povo, con guión e dirección de Jô Soares 1986 - Cidade Oculta, de Chico Botelho, con participación de Arrigo Barnabé 1995 - Sábado, guión e dirección de Ugo Giorgetti 2001 - O Xangô de Baker Street, produción cinematográfica a partir da novela homónima do mesmo Jô Soares, con dirección de Miguel Faria Júnior. O filme contou coas participación internacionais de Maria de Medeiros e Joaquim de Almeida. 2003 - Person, documental de Marina Person 2004 - A Dona da História, a partir da peza teatral homónima de João Falcão con dirección de Daniel Filh]
Carreira na televisión 1967 - En Família Trapo, guionizaba a carón de Carlos Alberto de Nóbrega e actuava como Gordon, o mordomo - TV Record-SP. 1970 - Faça Humor, Não Faça Guerra, foi o primeiro humorístico da TV Globo a contar coa participación do comediante. O programa, no medio da guerra fría e do conflito do Vietnam, brincaba co slogan pacifista hippy "Make love, don't make war" (Faga o amor, non faga a guerra). 1973 - Satiricom, novo humorístico da TV Globo, con dirección de Augusto César Vanucci, realizaba guións con Max Nunes e Haroldo Barbosa. O programa satirizaba o título do filme homónimo de Federico Fellini Satyricon. Na promoción do programa dicían que era unha "sátira da comunicación" nun mundo que tiña virado unha "aldea global". 1976 - Planeta dos Homens, nova sátira do cinema, desta vez, da serie cinematográfica O planeta dos simios. Actuaba con guións de Haroldo Barbosa. 1981 - Viva o Gordo, con dirección de Walter Lacet e Francisco Milani, foi o primeiro programa del só. Tiña guións de Armando Costa. Deu orixe ao espectáculo do xénero "one man show" de Jô chamado "Viva o Gordo, Abaixo o Regime" (sátira explícita ao Golpe Militar de 1964 aínda vixente aquela época). As aberturas do programa expoñían efectos especiais usando técnicas de inserción de imaxes de Jô entre escenas famosas do cinema ou con políticos nacionais e internacionais, como Orestes Quércia, Jânio Quadros, Ronald Reagan etc. 1982 - Participación no Chico Anysio Show. 1983 - Participación no musical infantil Plunct, Plact, Zuuum. Tamén empeza a colaborar no Jornal da Globo, até 1987. 1988 - Veja o Gordo, estrea no SBT co mesmo estilo do Viva o Gordo da Rede Globo. 2000 - Participación no especial de Nadal do programa Sai de Baixo, no episodio "No Natal a Gente Vem Te Mudar" (sátira ao título da peza de Naum Alves de Souza, "No Natal a Gente Vem Te Buscar"). Tamén neste ano estrea o talk-show Programa do Jô, na Rede Globo, onde entrevista diversas personalidades das máis variadas áreas, seguindo até 2016 no ar.
Publicacións O astronauta sem regime, L&PM - 1985; A copa que ninguém viu e a que não queremos lembrar, Cia. das Letras - 1994; O Xangô de Baker Street, Cia. das Letras - 1995; O Homem que Matou Getúlio Vargas, Cia. das Letras - 1998; Assassinatos na Academia Brasileira de Letras, Cia. das Letras - 2005; As Esganadas, Cia. das Letras - 2011.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina do Programa do Jô Reportagem na revista Época
Categoría:Personalidades do Brasil Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Actores do Brasil Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2022