A Association de la Jeunesse Auxerroise, máis coñecido como AJ Auxerre ou simplemente Auxerre, é un club de fútbol francés da cidade de Auxerre, na Borgoña. Foi fundado en 1905 e actualmente compite na Ligue 2, logo de descender na tempada 2011–12.
Historia O AJ Auxerre foi fundado o 29 de decembro de 1905 polo Abade Ernest Deschamps. O Auxerre empezou sendo un club polideportivo no que había diferentes seccións. A sección de fútbol creouse en 1906.
En 1980 o equipo debuta na Ligue 1 francesa. En 1994 o Auxerre consegue o seu primeiro título, a Copa de Francia.
Auxerre é un club moi particular pola súa historia, a súa pequena cidade, o seu estilo de xogo, non moi similar ao resto de clubs franceses. O antigo xogador do Auxerre Éric Cantona, saído da canteira do equipo, declarou sobre o seu antigo club : "Francia non merece o Auxerre, Inglaterra sen dúbida pero non Francia"
Uniforme
Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas. Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis.
Estadio
O Auxerre xoga no Stade de l'Abbé-Deschamps fundado o 13 de outubro de 1918 co nome de Stade de la Route de Vaux. En 1950 o estadio cámbiase o nome polo actual en honra ao fundador do club, que acababa de falecer ese ano. O estadio ten unha capacidade de 23 467 persoas.
Datos do club
Tempadas na Ligue 1: 25 Tempadas na Ligue 2: 7 Mellor posto na liga: 1º (tempada 1995/96) Peor posto na liga: 15º (tempada 1981/82) Maior goleada conseguida: En campionatos nacionais: Auxerre 8 - 0 Sète (Ligue 2, tempada 1976/77) En torneos internacionais: Nea Salamina (Chipre) 1 - 10 Auxerre (Intertoto tempada 1997/98) Maior goleada encaixada: En campionatos nacionais: Mónaco 7-0 Auxerre (Ligue 1 tempada 81-82) En torneos internacionais: CSKA Moscova (Rusia) 4 - 0 Auxerre (Copa de Europa tempada 2004/05). Máximo goleador: Andrzej Szarmach (94 goles) Máis partidos disputados: Martini Bruno (322 partidos de Ligue 1)
Palmarés
Torneos nacionais
Ligue 1 (1): 1995/96 Ligue 2 (1): 1980 Copa de Francia (4): 1994, 1996, 2003, 2005 Supercopa de Francia (1): 1996 Liga de Borgoña (1): 1970 Liga de Borgoña FGSPF (9): 1906, 1907, 1908, 1909, 1910, 1911, 1912, 1913, 1914 Copa dos Alpes (2): 1985, 1987 Copa Gambardella (6): 1982, 1985, 1986, 1993, 1999, 2000
Torneos internacionais Copa Intertoto da UEFA (1): 1998
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Historia do equipo
Auxerre Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1905