miniatura|dereita|Rómulo Gallegos Rómulo Galegos Freire, nado en Caracas o 2 de agosto de 1884 e finado na mesma cidade o 5 de abril de 1969, foi un escritor e político venezolano. Formouse na Universidade Central de Venezuela.

Biografía

Orixes galegas Na Enciclopedia da Emigración Galega en liña mencionan que na Memoria do Ministerio de Relacións Interiores, referíndose á fundación o 9 de febreiro de 1945 do Lar Gallego de Caracas por Mosqueira Manso entre outros, nomearon socios de honra a Andrés Eloy Blanco e a Rómulo Gallegos, e subliñan:

Escritor

Está considerado o novelista venezolano máis relevante do século XX e un dos máis grandes literatos latinoamericanos de todos os tempos. Algunhas das súas novelas como Doña Bárbara pasaron a converterse en clásicos da literatura hispanoamericana.

Político Exerceu o cargo de Presidente de Venezuela en 1948 por escasos nove meses, e converteuse no primeiro mandatario presidencial do século XX elixido de maneira directa, secreta e universal polo pobo venezolano, e foi o Presidente da República que obtivo a maior porcentaxe de votos ao seu favor en eleccións populares celebradas no país en todos os tempos, con máis do 80% da totalidade dos votos. Foi apartado do poder debido ao golpe de Estado de 1948, liderado por Carlos Delgado Chalbaud.

Entre 1960 e 1963 foi o primeiro presidente da recentemente creada Comisión Interamericana de Dereitos Humanos.

Homenaxes

Centros de ensino Entre outros, levan o nome de Rómulo Gallegos:

Colexio Rómulo Gallegos (Petare, Estado Miranda) Unidade Educativa Instituto Rómulo Gallegos en Valencia, estado Carabobo.

A Universidade Nacional Experimental de los Llanos Centrales Rómulo Gallegos (UNERG), é unha universidade con sede en San Juan de los Morros, Estado Guárico. Centro Rómulo Gallegos de Estudos Latinoamericanos (CELARG), instituto de divulgación cultural de Caracas, Venezuela

Urbanismo

Municipios co seu nome

A municipalidade Rómulo Gallegos, estado Apure, Venezuela. Municipio de Rómulo Gallegos, estado Cojedes, Venezuela.

Rúas e prazas

Avenida Rómulo Gallegos, unha das vías máis importantes de Caracas, Venezuela Parque Nacional Santos Luzardo, nome tomado dun dos personaxes principais da súa famosa novela Doña Bárbara. Avenida Rómulo Gallegos (Barquisimeto, Estado Lara)

Premios

O Premio Internacional de Novela Rómulo Gallegos é outorgado cada dous anos polo goberno de Venezuela.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Rómulo Betancourt Andrés Eloy Blanco Meaño Universidade Central de Venezuela

Ligazóns externas Biografía

Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Nados en Caracas Categoría:Escritores de Venezuela Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Políticos de Venezuela Categoría:Presidentes de Venezuela Categoría:Alumnos da Universidade Central de Venezuela Categoría:Novelistas de Venezuela