Golpe en Hawai (en ) é un filme estadounidense dirixido por George Armitage que se estreou no 2004. Estreouse en galego na TVG o 14 de xuño de 2008.

Sinopse Jack Ryan (Owen Wilson) é un surfeiro pouco fiable que vai dando tombos pola vida. En Hawai coida do xuíz Walter Crewes (Morgan Freeman). Tamén se ve relacionado cunha explosiva muller (Sara Foster), que é en realidade a amante dun magnate (Gary Sinise), un turbio home de negocios e vello rival do xuíz Crewes. Ryan entón deberá elixir entre a muller, os cartos ou o camiño recto.

Personaxes Owen Wilson como Jack Ryan Morgan Freeman como Walter Crewes Charlie Sheen como Bob Rogers, Jr. Sara Foster como Nancy Hayes Vinnie Jones como Lou Harris Gary Sinise como Ray Ritchie Bebe Neuwirth como Alison Ritchie Willie Nelson como Joe Harry Dean Stanton como Bob Rogers, Sr.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Rotten Tomatoes

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes ambientados en Hawai Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego