Maat Mons é un xigantesco volcán de escudo e o volcán máis grande do planeta Venus. Elevase uns 8 km por riba do radio medio do planeta, e fica nas coordenadas 0.5°N 194.6°E. O seu nome provén da antiga mitoloxía exipcia, na que Ma'at era o deus da verdade e a xustiza.

Estrutura

Maat Mons posúe unha gran caldeira no cumio, cunhas dimensións de 28×31 km. Dentro da propia caldeira hai polo menos cinco pequenos cráteres, formados polo colapso da propia caldeira, este cráteres roldan os 10 km de diámetro. Unha cadea de cráteres de entre 3–5 km estendese ó longo de máis de 40 km no flanco suroeste do volcán, pero máis que indicar que son parte dunha longa fisura eruptiva, semellan terse formado polo colapso das capas superiores: as imaxes de alta resolución tomadas pola sonda Magallanes non revelan evidencias da existencia de regueiros de lava que nazan deses cráteres. Polo menos ocorreron dous destes eventos de colapso a grande escala no pasado de Maat Mons.

Actividade

A sonda Magallanes sondeou por radar o volcán para buscar evidencias dunha relativamente recente actividade volcánica, estas evidencias foron atopadas en forma de cinzas volcánicas preto do cumio e da ladeira norte do volcán.

Algo que intriga ós xeólogos planetarios son os estudos atmosféricos levados a cabo polas sondas Pioneer Venus 1 e Pioneer Venus 2 na década dos 1980s, que revelaron unhas considerables variacións nas concentracións de dióxido de sulfuro (SO2) e metano (CH4) nas capas medias e altas da atmosfera de Venus. Unha das posibles explicacións foi a inxección na atmosfera de gases volcánicos por parte das erupcións plinianas do Maat Mons.

Existen varias liñas de evidencias que indican que Venus é volcanicamente activo, pero aínda non foi confirmada a existencia de erupcións no presente en Maat Mons.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Mouginis-Mark, P.J. (1994), "Morphology of Venus Calderas: Sif and Maat Montes", Abstracts of the 25th Lunar and Planetary Science Conference, held in Houston, TX, 14–18 March 1994., p. 949.

Outros artigos

Venus Mons Volcán

Ligazóns externas 3D Perspective View of Maat Mons

Categoría:Volcáns extraterrestres Categoría:Venus Categoría:Montes extraterrestres