Francesc "Tito" Vilanova i Bayo, nado en Bellcaire d'Empordà (Xirona) o 17 de setembro de 1968 e finado en Barcelona o 25 de abril de 2014"Muere Tito Vilanova tras luchar dos años y medio contra el cáncer", artigo en La Vanguardia, 25 de abril de 2014 ., foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Como futbolista, a súa posición foi a de centrocampista e xogou tres tempadas en Primeira no Celta de Vigo. Como adestrador, foi o segundo de Pep Guardiola na mellor etapa da historia do FC Barcelona e como primeiro adestrador gañou o título de Liga acadando os 100 puntos.
Traxectoria miniatura|esquerda|300px|Tito, á dereita, sentado no banco do Barça B detrás de Guardiola. Como xogador Como futbolista formouse nas categorías infantís do Barça entre 1984 e 1990. Nesa época foi cando coñeceu a Guardiola, sendo amigos desde entón.
A súa carreira como xogador profesional comezou na UE Figueres, coa que xogou a promoción de ascenso a primeira división contra o Cádiz CF a tempada 1991/1992. Continuou no Real Club Celta tres anos en primeira división, no CD Badajoz, no Real Mallorca, na UE Lleida e no Elche CF. Retirouse na UDA Gramenet.
Como adestrador Comezou a adestrar no FC Palafrugell, e seguiu no Figueres e no Terrassa FC antes de regresar ao Barça. Comezou a tempada 2007-08 como segundo adestrador de Pep Guardiola no FC Barcelona B, acadando o ascenso á 2ª B logo de quedar en primeira posición do grupo V da 3ª división. A tempada seguinte (2008-09) Guardiola pasou a adestrar o primeiro equipo do Barça, e Tito Vilanova tamén foi o segundo adestrador até o remate da tempada 2011-2012.
No partido de volta da Supercopa de España de Fútbol de 2011 foi un dos protagonistas da liorta que houbo ao remate do partido, na que José Mourinho lle meteu un dedo no ollo.
En novembro de 2011 foi operado no hospital do Vall d'Hebron de Barcelona, intervíndolle a glándula parótide"Tito Vilanova rep l'alta hospitalària i ja és a casa", artigo no Diari Ara 362, 29 de novembro de 2011 .. O 27 de abril de 2012, na rolda de prensa de despedida de Pep Guardiola, foi anunciado como próximo adestrador do primeiro equipo do FC Barcelona.
O seu debut como primeiro adestrador do Barça en competición oficial foi o 19 de agosto de 2012 nun partido de liga contra a Real Sociedad que acabou cun resultado de 5-1 favorable aos blaugrana. Malia que perdeu a Supercopa de España contra o Real Madrid pola regra do gol en campo contrario, conseguiu gañar os seus seis primeiros partidos de Liga, marca que só conseguiran antes catro técnicos do Barcelona; e os tres primeiros de Liga de Campións, éxito que só conseguira Carles Rexach. Posteriormente, pasou á historia por firmar o mellor comezo na historia do Barcelona e o mellor de tota a historia da Liga.
En decembro de 2012 recaeu dun cancro na glándula parótide que xa tratara o ano anterior. A recaída obrigouno a suspender temporalmente o seu labor como adestrador do FC Barcelona, ocupando o seu cargo o seu asistente Jordi Roura.
O 19 de xullo de 2013 o presidente do Barça, Sandro Rossell, e o director da Área de Fútbol, Andoni Zubizarreta, convocaron unha rolda de prensa na Cidade Deportiva do Barça para anunciar que Tito Vilanova sufrira unha nova recaída na súa enfermidade e que abandonaba o Barça.
O 24 de abril de 2014 foi operado na Clínica Quirón de Barcelona logo de sufrir uns problemas gástricos que agravaron a súa xa delicada situación, e morreu o día seguinte.
Palmarés Como adestrador Como segundo adestrador do Barça conseguiu: 3 Ligas españolas (2008-09, 2009-10 e 2010-11) 3 Supercopas de España (2009, 2010 e 2011) 2 Ligas de Campións (2008-09 e 2010-11) 2 Copas do Rei (2008-09 e 2011-12) 2 Supercopas de Europa (2009 i 2011) 2 Campionatos do Mundo de Clubs (2009 i 2011)
Como primeiro adestrador do Barça conseguiu: 1 Liga española (2012-13)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Ficha de Vilanova
Categoría:Nados en Bellcaire d'Empordà Categoría:Nados en 1969 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores da UE Figueres Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores da UE Lleida Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do UDA Gramenet Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do FC Barcelona