Carnmore (en irlandés An Carn Mór) é unha localidade irlandesa no extremo sur de Claregalway, aproximadamente a 13 quilómetros ao leste da cidade de Galway, no condado homónimo (Irlanda). Carnmore está dentro do Gaeltacht aínda que a maioría dos residentes utilizan o inglés como primeira lingua. A zona é máis coñecida por ser a localización do aeroporto de Galway e tamén polo seu equipo sénior de hurling.

Lugares de interese De interese arqueolóxico na zona hai unha fermosa Souterrain que foi descuberta hai uns anos - había dúas ou tres cámaras e unha entrada a cada cámara que se construíron ben e cerca de 2,1 m de altura. Tamén hai un Lisheen en Carnmore, onde están enterrados a maioría dos niños, mais algúns adultos tamén. Hai tamén algúns lugares de enterro tipo dolmen na zona. En Claregalway está o convento franciscano, cuxas paredes e a torre están en boas condicións. Hai restos de cinco castelos na parroquia, a meirande parte deles en ruínas - Claregalway, Cloghmoyle, Lydican, Lissarulla e Kiltrogue.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Carnmore

Categoría:Localidades do condado de Galway