Nináns é un lugar da parroquia da Luaña no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Tiña 63 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE,Instituto Nacional de Estadística dos cales 30 eran homes e 33 eran mulleres.

Área recreativa Moi preto da aldea encóntrase a praia fluvial de Nináns, construída no mesmo leito do río Pego.

As instalacións foron inauguradas a principios da década dos noventa e contaba con dúas piscinas; unha para nenos e outra para adultos; tres vestiarios, WC, zonas de herba e descanso, e un pequeno aparcadoiro para vehículos. A zona foi moi popular nos anos 90 e 2000, atraendo nenos e mozos locais así como visitantes doutros lugares. Incluso nos seus primeiros anos se impartiron clases de natación para as diferentes idades.

Hoxe en día o lugar perdeu popularidade debido a falta de mantemento, atención e absoluto abandono por parte do concello de Brión e mais a diminución de mozos e nenos locais. A piscina para nenos foi eliminada, sustituíndoa por mesas e bancos para pícnic.

No lugar tamén se pode ver o antigo muíño de pedra, que aínda hoxe conserva a moa.

No ano 2017, os seus arredores foron utilizados para o rodaxe de varias escenas da serie de Mediaset España Vivir sin permiso.

Notas

Lugares e parroquias Lugares da Luaña

Parroquias de Brión

Categoría:Lugares de Brión