Álvaro Someso Salvadores, nado na Coruña o 5 de novembro de 1936, é un político do PPdeG.

Traxectoria Comerciante de profesión, Álvaro Someso acadou a acta de concelleiro na corporación municipal coruñesa dentro das filas de La Coruña Unida. unhas escisión coruñesista da UCD que tivo a Joaquín López Menéndez como líder. Mantívose durante catro anos na corporación, pero non repetiu na seguinte. Integrado xa no Partido Popular, participa nas eleccións xerais de 1989 ao Senado como suplente de Augusto César Lendoiro.

Este dimite en xuño de 1990, só uns meses despois, e Someso pasa a ocupar o seu asento. Someso sae ademais elixido en 1991 concelleiro pola Coruña, nas eleccións locais. Nos anos sucesivos Someso revalida os dous asentos, o da praza de María Pita e o do Senado, nas xerais de 1993, nas municipais de 1995, nas xerais de 1996 e nas municipais de 1999. Ese mesmo ano abandona o Senado ao remate da lexislatura e dous anos máis tarde, a media lexislatura, deixa o consistorio coruñés«Mi mayor frustración es que Lendoiro no haya sido alcalde de A Coruña» , La Voz de Galicia, 15/10/2000.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes