Jrue Randall Holiday, nado o 12 de xuño de 1990 no barrio de Chatsworth (Os Ánxeles), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Boston Celtics da National Basketball Association (NBA). É irmán dos tamén xogadores de baloncesto profesional Justin Holiday e Aaron Holiday.

Traxectoria profesional Holiday foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Philadelphia 76ers. Converteuse no base titular dos Sixers en marzo da tempada 2009-10. Cando Louis Williams regresou da súa lesión, Holiday perdeu o posto de titular durante uns partidos, pero cando os Sixers levaban unha xeira negativa, Holiday volveu ao posto de base titular, e o mantivo durante o resto da tempada. O 3 de abril de 2010, Holiday anotou 25 puntos contra os Toronto Raptors, a máxima anotación na súa carreira. O 5 de novembro dese mesmo ano, mellorou esa marca, anotando 29 puntos contra os Cleveland Cavaliers. O 2 de febreiro de 2011, conseguiu o seu primeiro triplo-dobre, con 11 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias na vitoria contra os New Jersey Nets. O 24 de xaneiro de 2013, foi elixido para xogar o seu primeiro All-Star Game da NBA coma suplente. O 26 de xaneiro de 2013, superou a maior anotación da súa carreira ó anotar 35 puntos contra os New York Knicks.

O 12 de xullo de 2013, foi traspasado ós New Orleans Pelicans a cambio de Nerlens Noel e unha elección de primeira rolda do Draft de 2014.

O 24 de novembro de 2020, Holiday foi traspasado ós Milwaukee Bucks nun traspaso entre catro equipos.

O 27 de setembro de 2023, Holiday foi traspasado xunto a Deandre Ayton, Toumani Camara e unha elección da primeira rolda do Draft de 2029 ós Portland Trail Blazers, nun traspaso entre tres equipos que enviou a Damian Lillard ós Milwaukee Bucks, e a Grayson Allen, Jusuf Nurkić, Nassir Little e Keon Johnson ós Suns. Catro días máis tarde, os Trail Blazers traspasaron a Holiday ós Boston Celtics a cambio de Robert Williams III, Malcolm Brogdon e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024