A vea cefálica accesoria é unha vea superficial do membro superior humano, pertencente ao antebrazo. Orixínase a partir dun plexo venoso da parte posterior do antebrazo e pola porción cubital da rede venosa dorsal. Únese á vea cefálica na parte posterior do cóbado. Nalgúns casos, a vea cefálica acesoria deriva da vea cefálica para formar un arco e despois desembocar de novo na vea cefálica. Entre a vea cefálica e a vea basílica adoita haber unha vea comunicante, a vea mediana. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body. Versión de 1918 de dominio público.
Categoría:Veas