A drenaxe venosa do membro superior é o conxunto de veas do membro superior que recollen o sangue dende os dedos ata o ombreiro, desembocando o sangue desosixenado na vea subclavia, que despois leva este sangue á vea cava superior, que finalmente rematará na aurícula dereita do corazón.

A drenaxe venosa está constituída por dous sistemas, un superficial e un fondo. O sistema superficial está composto por: Veas dixitais e veas dixitais palmares. Veas metacarpais. Vea cefálica. Vea basílica. Vea mediana.

O sistema fondo está formado por parellas de veas que acompañan no traxecto ás arterias. Cada parella de veas dispón unha delas a cada lado da arteria. Xeralmente, cada parella de veas está conectadas entre si a través de pequenas veas transversais. Forman parte deste sistema fondo: Veas fondas da man. Arco venoso palmar superficial e arco venoso palmar fondo. Veas intercapitulares da man. Veas palmares da man. Veas metacarpais palmares Veas fondas do antebrazo, vea radial e vea cubital. Veas braquiais. Vea axilar. Vea subclavia. Veas tributarias do membro superior. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Sistema circulatorio