As veas metacarpais ou metacarpais dorsais son un conxunto de veas do membro superior humano, pertencentes á man. Drenan o sangue da palma da man. Derivan das veas dixitais e forman un plexo venoso dorsal. As veas laterais ou externas (radiais) drenan na vea cefálica, mentres que as veas mediais ou internas (cubitais) drenan na vea basílica. É común achar unha vea transversa que conecta o plexo venoso dorsal coa vea cefálica. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Veas