300px|miniatura|Amia calva Os holósteos (Holostei) son unha infraclase de peixes óseos da subclase dos Neopterygii. Agrupa a peixes de esqueleto case totalmente osificado (aínda que o nome do grupo, holósteos, significa, erroneamente, que o teñen completamente osificado).

Características Posúen escamas ganoides e notocorda persistente.

Clasificación Representan un grupo de peixes de transición entre os condrósteos (cos que se clasificaban antigamente) e os teleósteos, e comprenden dúas ordes: Orde Amiiformes (con só unha especie viva) Orde Lepisosteiformes (peixes lagarto)

Algúns autores consideran que os Holósteos son un grupo parafilético e fan colgar estas ordes directamente dos Actinopterixios.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Osteíctios