José Manuel Lamela Piñeiro, nado no Valadouro en 1953, é un político galego do PPdeG, alcalde do Valadouro entre 2011 e 2013 e de novo dende o 19 de setembro de 2004.
Traxectoria Industrial. Foi concelleiro no Valadouro polo PPdeG dende 1999. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Valdouro e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Logo dunha moción de censura, en xuño de 2013 foi substituído na alcaldía polo socialista Edmundo Maseda.
Retorno á alcaldía Nas eleccións municipais de 2015 e 2019, aínda que empatou a concelleiros coa lista socialista, quedou sempre por detrás en votos. Mais nas eleccións de 2023, sacou 4 concelleiros por 2 dos socialistas, e a alcaldía pasou a un tripartito de PSdeG-PSOE, BNG e UDIVAL, quen cun único concelleiro colleu a alcadía nas mans de María José Fernández. Aos poucos, por mor das desavinzas entre a alcaldesa e o PSdeG-PSOE, a alcaldesa dimitiu e apoiou como alcalde a José Manuel Lamela, quen once anos despois retornou á alcaldía.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Valadouro
Ligazóns externas Artigo en El Progreso Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes do Valadouro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Valadouro Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes