Claudio Melquiades Garrido Martínez, nado en León en 1954, é un político galego de Camiña Sarria e, anteriormente, do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Veterinario e funcionario da Xunta de Galicia. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a lista do PSdeG-PSOE á alcaldía de Sarria e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 1999 volveu encabezar a lista do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno coas formacións independentes Agrupación Sarriana de Integración e os Independentes da Comarca de Sarria.

Nas eleccións municipais de 2003 logrou a vitoria con 7 concelleiros, porén perdeu a alcaldía en favor do candidato de Iniciativa Galega, José Antonio García López, que gobernara con el no anterior mandato e que recibiu o apoio do PPdeG e dunha tránsfuga do BNG.

Nas municipais de 2007 recuperou a alcaldía grazas ao apoio do BNG e do Partido Galeguista. Perdeu a alcaldía en 2011 fronte o PPdeG que acadou a maioría absoluta. Nas municipais de 2015, renunciou a presentarse, concurrindo polo PSdeG Pilar López Yáñez, a cal logrou a alcaldía co apoio doutros grupos.

Tras diversos enfrontamentos con López Yáñez, abandonou o PSdeG, encabezando no ano 2019 a lista Camiña Sarria, coa cal logrou a vitoria e recuperou a alcaldía. Nas municipais de 2023, mantivo a alcaldía ao encabezar a lista máis votada con 7 concelleiros, fronte a 5 do PP, 3 do PSdeG-PSOE e 2 do BNG.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Sarria

Ligazóns externas Artigo en El Progreso Entrevista en El Progreso

Categoría:Alcaldes de Sarria Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en León Categoría:Nados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes