As gardenias son plantas do xénero Gardennia, da familia das rubiáceas orixinaria da China. O nome científico da especie máis común é Gardenia jasminoides. É un arbusto de follas perennes de cor verde clara, brillantes e lisas. As súas flores son brancas, similares ás rosas e úsanse comunmente como plantas ornamentais. Unha flor, colocada nun recipiente con auga, pode perfumar cun intenso e agradable arrecendo unha habitación durante un par de días.

O xénero foi nomeado por Carl von Linné na honra de Alexander Garden (1730-1791), un naturalista escocés.

Un dos seus principais requirimentos de cultivo é que necesitan crecer en terras ácidas compostas de ferro e con abundante humidade. Poden chegar a ter unha altura media de 2 m, dependendo da especie. As temporadas máis axeitadas para o seu cultivo son a primavera e o outono.

Simboloxía

A gardenia, especialmente estimada na China, é símbolo da graza feminina, da sutileza e do mérito artístico.

Especies seleccionadas Gardenia cordata Gardenia carinata Gardenia cornuta Gardenia fortunei Gardenia gummifera Gardenia imperialis Gardenia jasminoides Gardenia latifolia Gardenia mannii Gardenia philastrei Gardenia posoquerioides Gardenia pseudopsidium Gardenia remyi Gardenia resinifera Gardenia resiniflua Gardenia sootepensis Gardenia spatulifolia Gardenia taitensis Gardenia ternifolia Gardenia thunbergia Gardenia tubifera Gardenia turgida Gardenia volkensii

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

www.infoagro.com/flores/flores/gardenia

Categoría:Gardenia Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flores Categoría:Flora de Asia