A articulación umerocubital é unha articulación do membro superior humano, que forma parte do cóbado. Artella o úmero e o cúbito, permitindo movementos de flexión, extensión e circundución. Superficies articulares Na parte superior ou proximal, participa a tróclea umeral, que encaixa coa epitróclea cubital, que constitúe a parte inferior ou distal da articulación. Os bordos da epitróclea evitan os movementos laterais. Músculos que participan Participan na flexión: o músculo bíceps braquial e o músculo braquial anterior, axudados polo músculo braquiorradial. Na extensión colaboran o tríceps braquial e o músculo ancóneo, colaborando con eles os músculos do epicóndilo lateral. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Articulacións