O bordo superior da escápula é a parte cranial do óso. Dos tres bordos, é o máis curto e delgado. Ten forma cóncava, estendéndose dende o ángulo medio da escápula ata a base do proceso coracoide. Na parte máis lateral posúe unha depresión, que tapizada polo ligamento transverso da escápula, constitúe o burato supraescapular. Na parte adxacente insírese o músculo omohioide.
Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Escápula