Juan Carlos Serrano López, nado en Portomarín o 30 de xuño de 1965, é un empresario e político galego do PPdeG, que foi alcalde de Portomarín.

Traxectoria Juan Serrano é o dono e xerente de Aviporto, unha empresa de fertilizantes obtidos a partir dos excrementos das galiñas.

Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Portomarín sendo o máis votado, pero sen maioría absoluta, polo que a alcaldía foi para o PSdeG-PSOE tras pactar un goberno co BNG. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura popular, logrando nesta ocasión maioría absoluta e sendo elixido alcalde. Revalidou a maioría absoluta nas sucesivas eleccións de 2015 e 2019. A mediados deste último mandato, en outubro de 2021, dimitiu para deixar paso á alcaldía ao concelleiro Pablo Rivas, alegando que xa cumprira os seus obxectivos. A seguir, foi nomeado senador no Senado de España por designación autonómica do Parlamento de Galicia en substitución de Xesús Vázquez Abad, e tomou posesión do escano o 2 de novembro do 2021. En maio de 2022 cedeu o seu escano a Alberto Núñez Feijóo, e en agosto foi nomeado director da Casa de Galicia en Madrid.A Xunta recoloca o ex-senador que cedeu o seu escano a Feijóo como director da Casa de Galicia en Madrid

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Portomarín Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Alcaldes de Portomarín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Portomarín Categoría:Nados en 1965 Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Senadores por Lugo Categoría:Senadores de España polo PP