miniatura|300px|Sargocentron ensifer Os Bericiformes (Beryciformes) son unha orde de peixes con espiñas nas aletas (superorde Acantopterixios ou Acanthopterygii), primitivos, con poucas familias e especies. A maior parte viven nos mares tropicais e a grandes profundidades.
Características O trazo característico é a presenza de espiñas moi fortes nas aletas. Tamén presentan na cabeza unhas grandes depresións cheas de substancia mucosa.
Na aleta caudal, 16 a 19 raios principais; nas aletas pelvianas, máis de 5 raios brandos.
Tódalas especies mostran unha modificación da parte anterior dos canais sensoriais supraorbital e infraorbital chamado órgano de Jakubowski.
Clasificación Divídense en 3 subordes e sete familias: Suborde Berycoidei Familia Berycidae Suborde Holocentroidei Familia Holocentridae Suborde Trachichthyoidei Familia Anomalopidae Familia Anoplogastridae Familia Diretmidae Familia Monocentridae Familia Trachichthyidae
Véxase tamén Ligazóns externas
Taxonomía ITIS Taxonomía Fish Base