thumb|Glycyrrhiza glabra A regalicia (Glycyrrhiza glabra) é unha planta da orde das fabáceas nativa da Europa mediterránea e de Asia Menor. Atópase cultivada en moitos lugares, téndose naturalizado en moitos deles en sitios húmidos, coma leitos de ríos, cavorcos, valgadas etc.

A raíz desta planta é un dos condimentos máis antigos. Ten un sabor anisado e agridoce. Úsase moito en confeitaría, sobremesas, tortas e en bebidas, como a cervexa irlandesa (Irish Guinness), tamén se fan caramelos, comprimidos e tiras de oblea de venda en farmacias e postos de lambetadas polo seu característico e agradábel sabor e polas súas propiedades para eliminar o mal alento. É un ingrediente do tabaco recendente de pipa que se caracteriza polo seu doce cheiro. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Regalicia. Propiedades (en castelán)

Categoría:Glycyrrhiza Categoría:Especias Categoría:Plantas medicinais Categoría:Fabáceas