miniatura|220px|Unha ra viva en levitación magnética. Por este experimento, Andre Gueim da Universidade de Nimega e Sir Michael Berry da Universidade de Bristol gañaron no ano 2000 o Premio Ig Nobel da física. Andréy Konstantínovich Gueim (en ruso Андрей Константинович Гейм), nado en Sochi (Unión Soviética) o 21 de outubro de 1958, é un físico holandés de orixe alemá do Volga de Rusia. Traxectoria É coñecido polo seu traballo no grafeno,Novoselov, K.S. et al. Electric Field Effect in Atomically Thin Carbon Films. Science 306, 666 (2004) o desenvolvemento da cinta de geco e demostracións de levitación diamagnética. O 5 de outubro de 2010, foi galardoado co Premio Nobel de Física xunto con Konstantín Novosiólov. Previamente, no ano 2000 gañou un Ig Nobel por conseguir facer levitar unha ra con imáns, converténdose na primeira persoa en gañar un Premio Nobel e un premio Ig Nobel.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Físicos dos Países Baixos Categoría:Nados en Sochi Categoría:Nados en 1958 Categoría:Físicos da Unión Soviética Categoría:Premios Nobel dos Países Baixos Categoría:Premios Nobel de Rusia Categoría:Inventores de Rusia