Julio Cribeiro García, nado en Cedeira en 1959, é un médico e político galego do PPdeG primeiro e de Progresistas por Moeche despois.

Traxectoria Médico. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Moeche e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. O 24 de abril de 2008 presentou a renuncia como alcalde e tamén como concelleiro premido pola moción de censura que formularan os seus propios compañeiros de partido e un concelleiro do PSdeG-PSOE, sendo elixido alcalde o seu número dous Julio López Romeo . Foi acusado de malversación de fondos públicosDeclara en el juzgado ortegano el ex alcalde de Moeche acusado de malversación de fondos públicos e declarado non culpable por un xurado popular cuxo veredicto foi ratificado polo TSXGO TSXG ratifica a sentenza que absolve ao exalcalde de Moeche. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura de Progresistas por Moeche e na sesión de investidura apoiou a elección do candidato do PPdeGEl PP gobernará en Moeche a pesar de que la lista más votada era el BNG. Despois de apoiar ao PP, en 2014 conseguiu forzar a dimisión do alcalde López Romeo e converterse no novo alcalde co apoio do seu grupo e mais do PP, regresando á formación conservadora. Perdeu a alcaldía nas municipais de 2015 en favor do BNG, que logrou a maioría absoluta. Nas municipais de 2023 foi cabeza de lista do PPdeG en Cedeira, a súa localidade natal, sendo a segunda forza máis votada tralo PSdeG-PSOE.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Moeche

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Moeche Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Nados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes