A azulenta alpina (Prunella collaris) é unha ave paseriforme da familia Prunellidae visible en ladeiras rochosas e prados de alta montaña. En inverno, a súa área de distribución é máis ampla, incluíndo altitudes menores. A súa cabeza é gris, o peteiro amarelado, as ás escuras e unha parte inferior e lateral riscada avermellada. Pola forma e comportamento, parécese ao Prunella modularis, pero en maior tamaño.

A súa voz é en reclamo curto, tipo gorxeo, errático, cando está pousado ou en voo.

O seu niño é herbáceo, en fendas rochosas, con 3-5 ovos que pon en dúas niñadas, de maio a agosto.

Aliméntase peteirando no chan pequenos insectos, arácnidos, bagas e sementes.

A súa distribución é a alta montaña de Serra Nevada, Pireneos e Alpes; localmente, aparece en Italia e os Balcáns. Nos cumes do Mulhacén ou Catavento, resulta rechamante o seu comportamento extremadamente confiado ante a presenza do home.

No inverno pode acadar a costa, aínda que isto é moito máis raro.

Subespecies Recoñécense as seguintes subespecies: Prunella collaris collaris Prunella collaris subalpina Prunella collaris montana Prunella collaris rufilata Prunella collaris whymperi Prunella collaris nipalensis Prunella collaris tibetana Prunella collaris erythropygia Prunella collaris fennelli

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Hume. Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8 Ligazóns externas Vídeos da azulenta alpina na Internet Bird Collection

Categoría:Prunélidos Categoría:Aves de Galicia