Tosca é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Luigi Illica e Giuseppe Giacosa. Foi estreada no Teatro Costanzi Roma o 14 de xaneiro de 1900 cun notable éxito. O texto da obra baséase nun intenso drama, La Tosca, de Victorien Sardou, presentado en París en 1887, onde actuaba a gran actriz Sarah Bernhardt.

Tosca é considerada unha das óperas máis representativas do repertorio verista italiano pola súa intensidade dramática, violencia, e por conter algunhas das arias máis fermosas do repertorio. O argumento combina intriga, violencia e paixón. Xunto con Madama Butterfly e La Bohème, integra o trío de óperas máis coñecidas de Puccini.

Musicalmente, a obra mantense no estilo desenvolvido por Puccini ata o momento: continuidade do discurso musical, roto apenas por unha ou dúas arias. As escenas máis impactantes son o Te Deum do final do primeiro acto, e as arias Vissi d'arte (para Tosca) e E lucevan le stelle (para Mario). Dramaticamente, o segundo acto é dunha intensidade inigualada por outra obra de Puccini.

A acción transcorre en Roma o 14 de xuño de 1800, cando Napoleón vence a Austria na batalla de Marengo.

Personaxes PersonaxeTesituraIntérpretes na estrea, 14 de xaneiro de 1900(Director: Leopoldo Mugnone)Osborne, p. 115Floria Tosca, unha célebre cantantesopranoHariclea DarcléeMario Cavaradossi, un pintortenorEmilio de MarchiBaron Scarpia, xefe de policíabarítonoEugenio GiraldoniCesare Angelotti, anterior Cónsul da República RomanabaixoRuggero GalliUn sancristánbarítonoEttore BorelliSpoletta, un axente de policíatenorEnrico GiordanoSciarrone, un xendarmebaixoGiuseppe GironiUn carceleirobaixoAristide ParassaniUn rapaz pastoraltoAngelo RighiSoldados, axentes de policía, monaguillos, nobres cabaleiros e damas, cidadáns, artesáns

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Puccini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas de 1900