O roqueiro azul, tamén chamado merlo azul,Dicionario Digalego merlo Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Monticola solitarius) é unha especie de ave paseriforme da familia Turdidae que se caracteriza pola súa plumaxe azulada nos machos adultos.
Descrición É unha ave duns 22 cm de lonxitude, algo máis grande có merlo rubio. A súa plumaxe é parda con pintas claras na femia, e o macho presenta un rechamante ton azulado, máis escuro nas ás. O peteiro é escuro.
Distribución e hábitat Distribúese polo sur de Europa e o noroeste de África, e dende Asia Central até o norte da China e de Malaisia. Habita en rocuedos, cantís e barrancos de orixe fluvial, podendo ocupar ocasionalmente construcións humanas. Os seus desprazamentos limítanse a cambios altitudinaisno inverno.Guía de las Aves de Castilla y León, de Joaquín Sanz Zuasti, Tomás Velasco e Carlos Sánchez, Páx. 273. ISBN 84-933730-2-8
Comportamento
Ten un canto afrautado, que reproduce tanto parado como en voo, máis comunmente na época de celo.Aves de España, de Eduardo de Juana e Juan M. Varela, Páx. 166, ISBN 84-87334-88-1 A súa posta é de 3 a 5 ovos. Aliméntase dunha gran variedade de insectos, ademais de bagas e outros vexetais.
Ameazas e conservación Esta especie pode verse favorecida por varios factores, como os lumes, as canteiras e minas, que reducen a vexetación e aumentan a superficie de rocha dispoñible para construír os seus niños. Con todo, vese prexudicada por actividades como a presión urbanística sobre as zonas montañosas, a escalada preto dos seus niños, ou a creación de encoros, que alagan gorxas e canóns rochosos.
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Túrdidos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Símbolos de Malta Categoría:Aves de Eurasia