Ernani é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi sobre un libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseada na peza teatral Hernani de Victor Hugo, obra que introducira o Romanticismo en París derrotando as convencións do teatro clásico francés. Foi estreada o 9 de marzo de 1844 no Teatro La Fenice de Venecia. Esta ópera tivo éxito dende o principio, especialmente pola súa riqueza de melodías.

Para o final da ópera, Verdi compuxo un trío que cría que melloraba o orixinal de Hugo, en canto que a acción podía desevnvolverse máis rapidamente ata acadar a súa culminación. Aquí, Ernani, Silva e Elvira se enfrontan. Silva reclama a vida de Ernani, mentres Elvira lle pide compaixón e Ernani renega do seu destino.

Esta ópera é pouco representada; nas estatísticas de Operabase aparece no posto 154 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 48ª en Italia e a 16ª de Verdi, con 20 representacións nese período.

Personaxes PersonaxeTesituraIntérpretes na estrea, 9 de marzo de 1844(Director: -)Ernani (nobre proscrito)tenorCarlo GuascoElvira (prometida de Ernani) sopranoSophie LoeweDon Carlos (Emperador Carlos V) barítonoAntonio SuperchiRuy Gomez de Silva (namorado de Elvira)baixoAntonio SelvaGiovanna (doncella de Elvira)sopranoLaura SainiDon Riccardo (escudeiro de Don Carlos)tenorGiovanni LannerJago (escudeiro de Silva)baixoAndrea BelliniCidadáns, bandidos, serventes, nobres, damas etc.

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Venecia Categoría:Óperas de 1844