Idomeneo, re di Creta (en galego, Idomeneo, rei de Creta) é unha ópera en tres actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Giambattista Varesco, segundo un texto en francés de Antoine Danchet ao que puxo música André Campra como Idoménée en 1712. Carlos Teodoro, elector de Baviera, fíxolles o encargo a Mozart e Varesco en 1780 para un carnaval de corte. Probablemente elixiu o tema, aínda que puido ter sido Mozart.David Cairns, Mozart and his Operas, 2006, p. 36. University of California Press. ISBN 978-0-520-22898-6 Foi estreada o 29 de xaneiro de 1781 no Cuvilliés-Theater de München baixo a dirección do propio compositor.

Instrumentación orixinal A partitura de Mozart prevé o emprego de cordas, dúas frautas, un piccolo, dous óboes, dous clarinetes, dous fagots, catro trompas, tres trombóns, timbais. E para os recitativos, clavicordio e violonchelo.

Personaxes Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 29 de xaneiro de 1781(Director: Wolfgang Amadeus Mozart)Ilia, princesa de TroiasopranoDorothea WendlingIdomeneo (Idomeneus), rei de CretatenorAnton RaaffIdamante (Idamantes), fillo Idomeneosoprano castrato (posteriormente reescrito para tenor)Vincenzo dal PratoElettra (Electra), princesa de ArgossopranoElisabeth WendlingArbace (Arbaces), conselleiro de Idomeneotenor Domenico de' Panzacchi Sumo sacerdote de Neptuno tenorGiovanni ValesiVoz do Oráculo de NeptunobaixoDúas mulleres cretenses soprano e mezzo-sopranoDous Troianos tenor e baixo

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de W.A. Mozart Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas de 1781