Chandler Evan Parsons, nado o 25 de outubro de 1988 en Casselberry, Florida, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2011, Parsons foi elixido na 38ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Houston Rockets. Debido ao lockout da NBA, Parsons asinou co Cholet Basket francés un contrato curto. En tres partidos, acadou 10 puntos, 6 rebotes, 4 asistencias e 2.3 roubos de balón por encontro. Parsons asinou cos Rockets o 18 de decembro de 2011. Ó remate da tempada 2011-12, foi incluído no segundo mellor equipo de rookies da tempada.

Tras a tempada 2013-14, Parsons converteuse en axente libre restrinxido. O 10 de xullo de 2014, recibiu unha oferta de tres anos e 46 millóns de dólares dos Dallas Mavericks.Rockets on clock for Mavericks' Chandler Parsons offer Os Rockets decidiron non igualar a oferta, e Parsons asinou cos Mavericks o 15 de xullo.

O 7 de xullo de 2016, Parsons asinou un contrato de catro anos e 94 millóns de dólares cos Memphis Grizzlies.

O 7 de xullo de 2019, Parsona foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio de Solomon Hill e Miles Plumlee.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Florida Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores do Cholet Basket Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks