REC 2 ou [●REC]² é un filme español de terror dirixido e escrito por Jaume Balagueró e Paco Plaza que se estreou no 2009. Secuela do filme [•REC] (2006). O obxectivo desta segunda parte, segundo os propios directores, é dar resposta ós pequenos enigmas que quedaron abertos na primeira.

Argumento Pasaron tan só uns minutos dende que as autoridades perderon o contacto coas persoas encerradas no edificio en corentena. Ninguén sabe exactamente que ocorre no seu interior e fóra reina o caos. Unha unidade de GEOS introdúcese no interior da casa para controlar a situación e determinar que está ocorrendo nunha misión aparentemente doada.

Personaxes Manuela Velasco como Ángela Vidal Pablo Rosso como Rosso Àlex Batllori como Uri Andrea Ros como Mire Pau Poch como Tito Jonathan Mellor como Doutor Owen Óscar Sanchez Zafra como Jefe Ariel Casas como Larra Alejandro Casaseca como Martos Pep Molina como Pai de Jennifer Juli Fábregas como Bombeiro Ferran Terraza como Manu Claudia Silva como Jennifer Martha Carbonell como Conchita Izquierdo Jorge-Yaman Serrano como Policía xove Chen Min Kao como Home xaponés Akemi Goto como Muller xaponesa David Vert como Álex

Galardóns e nomeamentos 2009: Premios Gaudí: Mellor montaxe, Mellores efectos especiais, Mellor son e Mellor maquillaxe e peiteado.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Jaume Balagueró Categoría:Filmes dirixidos por Paco Plaza Categoría:Filmes de metraxe atopada Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes de terror relixioso Categoría:Filmes rodados en Barcelona Categoría:Filmes rodados en Terrasa Categoría:Filmes de zombis Categoría:Filmes ambientados en Barcelona