Mixal SulaimanTamén coñecido pola romanización francesa do seu nome, Michel Suleiman. (en , (Mīšāl Sulaymān)), militar e político nado o 21 de novembro de 1948, foi presidente do Líbano entre 2008 e 2014. Antes de asumir o cargo, foi comandante do Exército libanés. Foi nomeado comandante o 21 de decembro de 1998, e elixido indirectamente como Presidente da República por unha maioría superior ao 90% do Parlamento do Líbano o 25 de maio de 2008.

Notas

Categoría:Presidentes do Líbano Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Alumnos da Universidade Libanesa