O Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita ou AITS (do inglés International Alphabet of Sanskrit Transliteration, IAST) é un popular sistema de transliteración que permite a romanización de escrituras índicas sen perda de información.
O AITS é o sistema máis popular de romanización do sánscrito e o pali. Emprégase normalmente en publicacións impresas, especialmente en libros sobre temas en sánscrito e pali antigos relacionados coas relixións da India. Coa crecente dispoñibilidade de fontes Unicode, estase estendendo tamén entre os textos electrónicos.
O AITS baséase nun estándar establecido polo Congreso Internacional de Orientalistas de Xénova en 1894. Permite a transliteración sen perdas do devanágari (e outras escrituras índicas como a escritura ou alfabeto sharada), e como tal non só representa os fonemas do sánscrito, senón que permite unha transcrición esencialmente fonética.
A romanización da Biblioteca Nacional de Calcuta, ideada para a romanización de todas as escrituras índicas, é unha extensión do AITS.
Inventario de símbolos e convencións do AITS
A continuación móstrase o inventario de símbolos do AITS (tanto minúsculas como maiúsculas) xunto cos seus equivalentes en devanágari e AFI (válido para o sánscrito; para o hindi hai pequenas diferenzas fonolóxicas):
[ɹ̩] ]] vogais
ditongos
anusvara visarga
velares palatais retroflexas dentais labiais xordas xordas aspiradas sonoras sonoras aspiradas nasais semivogais sibilantes [ɦ] fricativas glotais xordas
Nota: A diferenza das romanizacións baseadas unicamente en ASCII como ITRANS ou Harvard-Kyoto, os signos diacríticos usados no AITS permiten as maiúsculas nos nomes propios. As versións maiúsculas das letras que nunca se dan ao comezo dunha palabra (Ṇ Ṅ Ñ Ṝ) utilízanse só en contextos gramaticais (véxase Pāṇini), onde o convenio é escribir os sons IT en maiúsculas.
Comparación con ISO 15919 Na súa maioría, o AITS está contido no ISO 15919. As seguintes cinco excepcións débense á ampliación do estándar ISO cun repertorio adicional de símbolos que permiten transliteracións do devanágari e outras escrituras índicas tal e como se usan en outras linguas distintas ao sánscrito.
Devanágari AITS ISO 15919Comentarioseēla e ISO representa .oōa o ISO representa .a ISO representa a gurmukhi.a ISO representa ड़ /ɽ/.por coherencia coa .
Véxase tamén Outros artigos Linguas indoarias Sánscrito Pali Ligazóns externas Introdución ao sánscrito e axuda para a transliteración
Categoría:Lingua sánscrita