Pro Neutralidad foi un periódico publicado en Viveiro entre 1917 e 1918.
Historia e características Apareceu o 18 de febreiro de 1917. No subtítulo sinalaba que estaba redactado polos membros da Juventud Católica local, pero non funcionaba como voceiro desta asociación. Estaba dirixido por Fernando Pérez Barreiro. De orientación xermanófila e distribución gratuíta, foi criticado atribuíndoselle o seu financiamento ao vicecónsul alemán en Viveiro, Cloos, enxeñeiro da mina da Silvarosa. Foi substituído en 1918 por La Sirena del Norte.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Viveiro Categoría:1917 en Galicia