Don Carlos, ou Don Carlo na versión en italiano, é unha ópera en cinco actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en francés de François Joseph Méry e Camille du Locle, baseado no drama Dom Karlos, Infant von Spanien de Schiller. Foi estreada o 11 de marzo de 1867 no Teatro Imperial da Ópera de París.
Os acontecementos históricos rodean e dirixen boa parte do drama. Para Verdi esta ópera representaba a loita da liberdade contra a opresión política e religiosa, representadas nos personaxes de Filipe II e o Grande Inquisidor. A historia está baseada en conflitos na vida de Carlos de Austria e Portugal (1545–1568) logo de que a súa prometida, Isabel de Valois, casara co seu pai, o rei Filipe II como parte do tratado de paz que puxo fin á guerra italiana de 1551-1559 entre as Casas de Habsburgo e Valois; aparecen a Contrarreforma, a Inquisición e a rebelión dos calvinistas en Flandres, Brabante e Países Baixos.
Ao longo de vinte anos, realizáronselle cortes e adicións á ópera, o que deu como resultado unha gran diversidade de versións dispoñibles para directores. Ningunha outra ópera de Verdi ten tantas versións. Coa súa duración íntegra (incluíndo o ballet e os cortes feitos antes da primeira representación), contén arredor de catro horas de música, sendo a ópera máis longa de Verdi.Budden, pp. 23-25
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea11 de marzo de 1867Budden, p. 4(Director:François George-Hainl)Versión revisadaElenco na estrea10 de xaneiro de 1884(Director: - )Filipe II (Philippe/Filippo) o Rei de España, fillo de Carlos I e pai de Don CarlosbaixoLouis-Henri ObinAlessandro SilvestriDon Carlos (Don Carlo), Infante de España, fillo e hedeiro do ReitenorJean MorèreFrancesco TamagnoRodrigue (Rodrigo), Marqués de Posa, un amigo do Infante Don CarlosbarítonoJean-Baptiste FaurePaul LhérieO Grande inquisidor de España (Diego, cardeal de Espinosa na época, mais non mencionado como tal na ópera)baixoJoseph DavidFrancesco NavariniIsabel de Valois, unha princesa francesa, inicialmente prometida a Don Carlos, mais logo casada co Rei FilipesopranoMarie-Constance SassAbigaille Bruschi-ChiattiLa princesa de Éboli, unha aristócrata na cortemezzosopranoPauline Guéymard-LautersGiuseppina PasquaUn monxe (a aparición do defunto emperador Carlos V, ou Carlo Quinto)baixoArmand CastelmaryLeopoldo CrombergThibault (Tebaldo), paxe de IsabelsopranoLeonia LeviellyAmelia GartenUnha voz do CeosopranoO conde de Lerma, un delegado español en FranciatenorGaspardAngelo FiorentiniHeraldo realtenorMermantAngelo FiorentiniCondesa de Aremberg, unha dama de compañía de Isabelpapel mudoDominiqueRepresentantes flamengos, inquisidores, damas e cabaleiros da corte española, o pobo, gardas, paxes, monxes, soldados - coro
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en francés Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en París Categoría:Óperas de 1867