José Luis Martín Vigil, nado en Oviedo o 28 de outubro de 1919 e finado en Madrid o 20 de febreiro de 2011, foi un escritor e anteriormente crego asturiano en lingua castelá.

Traxectoria Estudou a escola e o bacharelato cos xesuítas en Oviedo e a comezos dos anos trinta desprázase a Madrid para estudar na acabada de crear Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Navais. Sorpréndeo a Guerra Civil española nas vacacións de verán en Asturias e alístase co bando nacionalista, onde participa en combates na fronte do Ebro, na toma de Madrid, en Estremadura e en Toledo.

Ao rematar a contenda acaba a enxeñería e fai Filosofía e Teoloxía na Universidade de Comillas. En 1948 ingresa na Compañía de Xesús e cinco anos máis tarde ordéase sacerdote católico. Traballou como capelán de residencias universitarias e profesor en distintos centros de ensino, mentres compaxinaba estes labores co de crego; entre eles figurou entre 1951 e 1953 o colexio Santiago Apóstolo de Vigo.

En 1955 publica a súa primeira novela en México, novela que tería un importante éxito na España franquista: La vida sale al encuentro, ambientada precisamente en Vigo. Tres anos máis tarde, en 1958, abandonaría a Compañía de Xesús e varios anos despois veríase forzado tamén a deixar o sacerdocio debido á súa homosexualidadeJosé Luis Martín Vigil, de novelista para adolescentes a 'cura maldito', Pedro Miguel Lamet, 10/1/2012.. A partir desa primeira novela comezou a escribir con máis asiduidade, en especial novelas para xente nova, aínda que tamén cultivou outros xéneros, como a novela erótica. Tamén presentou programas de radio e televisión, entre eles un con Susana Estrada onde se abordaba a educación sexual na España dos anos oitenta.

Obras Ficción La vida sale al encuentro (1955) Sexta galería (1962) Réquiem a cinco voces (1963) Tierra Brava (1966) Una chabola en Bilbao Los curas comunistas Nación de muchachos (1973) Muerte a los curas (1974) Cierto olor a podrido (1979) Doce indeseables (1982) El rollo de mis padres (1982) El faro de barlovento (1983) Un tal Marcos (1984) The boys' war (1984) Mi nieto Jaime (1985) Habla mi viejo (1986, Premio Gran Angular) Beatriz, un caso aparte (1987) Tres primos entre sí (1988) Ganímedes en Manhattan (1988) Iba para figura (1991) Me llamo Tolo (1994)

Non ficción Un sexo llamado débil (1973) Destino: Dios ¡En marcha, cristianos! Listos para resucitar Yo, Ignacio de Loyola (1989)

Notas

Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Sacerdotes católicos de España Categoría:Xesuítas de España Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2011