I puritani (en galego Os puritanos) é unha ópera en tres actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Carlo Pepoli, baseado no drama Têtes rondes et cavaliers de Jacques-François Ancelot e Xavier Boniface Saintine. Algúns indican que o libreto tamén está baseado na novela Old Mortality de Walter Scott, mais outros só encontran relación co lugar e os feitos políticos que son narrados. Foi estreada o 24 de xaneiro de 1835 no Théâtre Italien de París. Ao mesmo tempo, Bellini compuxo unha versión alternativa pensada para a famosa cantante María Malibrán, debería ser representada en Nápoles e que, porén, non foi representada ata o 10 de abril de 1986 no Teatro Petruzzelli de Bari. Foi a última obra do compositor, que morreu 8 meses despois da súa estrea.
A ópera narra o drama amoroso de Elvira e Arturo en plena revolución entre os puritanos, partidarios de Oliver Cromwell, e os realistas que apoiaban á casa de Estuardo.
A pesar de que o libreto é cértamente confuso e pouco crible, a música de Bellini está entre a máis coidada e bela que escribiu. A foi o resultado do desexo de Bellini de compoñer unha ópera para o público parisiense. Para esta tarefa recibiu o apoio de Rossini, que daquela triunfaba en París.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 24 de xaneiro de 1835Lista Casaglia do elenco na estrea(Director: )Lord Arturo TalboO apelido "Talbo" no libreto é unha substitución de "Talbot" na obra de Ancelot e Saintine.tenorGiovanni Battista RubiniElvira, prometida de ArturosopranoGiulia GrisiSir Riccardo Forth, o líder puritano namorado de ElvirabarítonoAntonio TamburiniSir Giorgio Valton,O apelido "Valton" no libreto é unha substitución de "Walton" na obra de Ancelot e Saintine. tío de ElvirabaixoLuigi LablacheLord Gualtiero Valton, pai de Elvira e irmán de GiorgiobaixoLuigi ProfetiSir Bruno RobertsontenorM. MaglianoEnrichetta di Francia, viúva de Carlos ImezzosopranoMaria AmigoSoldados, heraldos, portaestandartes, puritanos, damas e cabaleiros, paxes, sirvientes
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Vicenzo Bellini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en París Categoría:Óperas de 1835